Reparto de puntos entre R.Villalbés e Arosa

Racing Villalbés e Arosa SC firmaron un empate sen goles esta tarde na Magdalena, nun encontro con gran presenza de afeccionados visitantes e no que os arlequinados xogaron media hora cun home menos pola dobre amonestación a Fran Matos.

Ambos conxuntos saltaron ao campo motivados debido á importancia do partido e a entidade do rival. A loita estaba principalmente no mediocampo, intentando facerse coa posesión do balón, que estivo repartida, canto menos durante a hora de encontro en que ambos equipos estiveron en igualdade numérica. Foi un partido moi disputado e intenso no que non abundaron as ocasións claras. A primeira do partido foi dos locais, no minuto 10, cunha gran acción individual de Villares, que marchou de varios rivais desde a banda esquerda, pero o seu disparo cruzado foi despexado a córner. Tan só 2 minutos despois chegou a réplica dos de Vilagarcía, cun disparo de Sergio Santos desde a frontal que marchou por riba da portería de Marcos Souto.

Nesa dinámica transcurriría a primeira parte, posesión repartida cun Arosa que intentaba elaborar as xogadas pero fallaba no último pase e un Villalbés que se aproximaba á portería de Sergio Lloves principalmente colgando pelotas en xogadas de balón parado e buscando a un Gerardo que se deixaba caer en banda esquerda. Pero ningún dos dous equipos conseguía orixinar ocasións claras. A mellor da primeira parte foi para o Racing. Gerardo entra pola esquerda e o seu pase a área acaba rebotando nun defensa arlequinado, obrigando a Lloves a facer gala dos seus reflexos.

No descanso, Jorge Otero deu entrada a Fran Monroy no lugar de Antón Vilas, situándo a Sylla na banda dereita e ao ex do Ordes como referencia de ataque.

Nos primeiros 15 minutos tras a reanudación, o Arosa achegouse bastante a área local. Un centro chut de Julio Rey envelenouse e a punto estivo de darlle un disgusto á parroquia local. No minuto 60 chegaría a acción que marcaría o partido. A defensa lucense recupera o balón e Fran Matos fai unha falta para evitar a construcción do contragolpe co Arosa volcado. Esa xogada significou o segundo cartón amarelo para o lateral vilagarcián.
A partir daí o Arosa replegouse, se ben no lle perdeu a cara ao partido. A pesar da superioridade numérica, do dominio territorial e de unha maior posesión da pelota, o Villalbés xerou incluso menos ocasións que antes, exceptuando as que fixo xa no tempo de desconto. Os visitantes, empurrados polos numerosos afeccionados que se desprazaron desde Vilagarcía, paliaron a inferioridade con orde e esforzo físico, e sen renunciar a saír á contra, procurando os espazos ás costas da defensa chairega.
Avisou no minuto 80 cunha galopada de Sidibe pola dereita, pero Fran Monroy non puido chegar ao seu centro. No minuto 89 gozou doutra boa oportunidade. Balón largo ao espazo buscando a velocidade de Monroy, que no man a man perdeu o duelo co gardameta Marcos Souto.

Xa moi avanzado o tempo de desconto, o Villalbés estivo de conseguir os 3 puntos. Primeiro dispuxo dun lanzamento ao pau que finalmente despexado a córner. Despois dese saque de esquina, os locais tiveron un remate desde a frontal que tocou Sergio Lloves primeiro, e o longueiro despois.

Con este empate, Arosa e Villalbés continúan ocupando a 5º e 6º praza respectivamente, con 60 puntos e a golaveraxe particular igualada. O Bergantiños é 4º con 63 puntos. A próxima semana o Arosa visita Ordes e o Racing a Illa de Arousa.

bbbbbbbbb

aaaaaaaaaa