Yerai e Marcos presentados no Arosa SC

Esta tarde Yerai Couñago e Marcos Rodríguez foron presentados como novos xogadores do Arosa SC nas oficinas do club nun acto aberto á prensa. Ambos xogadores asinaron as súas respectivas fichas e posaron por primeira vez coa camisola arlequinada, acompañados polo presidente Manolo Abalo, despois de ter superado o recoñecemento médico no Centro Médico Jacinto López.

O defensa Marcos Rodríguez apuntou que o Arosa pode loitar por xogar en outra categoría. “A iso vimos, a loitar por estar o máis arriba posible”. Preguntado polo nivel da Liga sinalou que “a Terceira de Galica é unha das que teñen máis nivel futbolístico de toda España, aí están os sete equipos galegos en Segunda B”. Tamén pronosticou que “a Liga vai estar moi disputada, tanto por arriba como por abaixo”.

Pola súa banda, Yerai cre que “o Arosa ten un bo proxecto, van pasar cousas bonitas. Veño para axudar a conseguilas e desfrutar dun ano bonito”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *