Tarde de presentacións en A Lomba

Na tarde deste luns 10 de xullo foron presentados na oficina do club as novas incorporacións Javi Pazos, Iago Beceiro e Anxo, así como os tres xogadores que dan o salto desde o equipo xuvenil, Aarón Santamaría, Batallón e Nacho.


Sobre o seu regreso ao Arosa, Javi Pazos afirma que “é como si xa estivese aquí o ano pasado, porque coñezo á Directiva e a todos os compañeiros”. Sinalou como obxectivo “Meterse no play-off, xa é hora. Veño con gana de xogar máis que na miña anterior etapa”. Con respecto á faceta goleadora afirmou non sentir especial responsabilidade: “Se teñen que entrar, van entrar. Teño gana de meter goles? Sí, pero iso vén co tempo”.

Iago Beceiro afirmou vir a Vilagarcía “coa idea de facer o maior número de puntos posibles, individualmente meter o maior número de goles posibles, e que iso se reflexe na clasificación do equipo”. “Vin guiado pola plantilla que hai, coñezo a parte dos xogadores e sei o equipo que hai. Veño para pelexar por un obxectivo bonito”. Sobre o seu rol dentro do campo definiuse como dianteiro, se ben “tamén sei xogar de extremo esquerdo, extremo dereito ou segundo punta. Non teño problema por xogar en calquera desas demarcacións”.

Pola súa banda, Anxo chega ao Arosa “coa intención de desfrutar do fútbol. O Arosa é un equipo que ten as cousas claras, ten un bo grupo e sabe desde o principio cal é o obxectivo”.

Os tres xogadores que promocionan ao primeiro equipo coincidiron en que queren “aprender e aproveitar as oportunidades”, “intentar xogar o máis posible, axudar a conseguir os obxectivos que ten marcados o equipo e desfrutar”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *