CopaRFEF: Arosa-Céltiga, mércores 26 en A Lomba

O Arosa SC, vixente campión da fase autonómica da Copa RFEF, debutará este ano na competición contra o Céltiga FC. O partido terá lugar no Municipal de A Lomba este mércores 26 ás 20:30 horas. O gañador do encontro pasará a 1/4 de final e xogará como local, tal e como ficou establecido no sorteo celebrado o pasado día 13, contra o Coruxo FC, equipo exento desta rolda previa.

Tarde de presentacións en A Lomba

Na tarde deste luns 10 de xullo foron presentados na oficina do club as novas incorporacións Javi Pazos, Iago Beceiro e Anxo, así como os tres xogadores que dan o salto desde o equipo xuvenil, Aarón Santamaría, Batallón e Nacho.


Sobre o seu regreso ao Arosa, Javi Pazos afirma que “é como si xa estivese aquí o ano pasado, porque coñezo á Directiva e a todos os compañeiros”. Sinalou como obxectivo “Meterse no play-off, xa é hora. Veño con gana de xogar máis que na miña anterior etapa”. Con respecto á faceta goleadora afirmou non sentir especial responsabilidade: “Se teñen que entrar, van entrar. Teño gana de meter goles? Sí, pero iso vén co tempo”.

Iago Beceiro afirmou vir a Vilagarcía “coa idea de facer o maior número de puntos posibles, individualmente meter o maior número de goles posibles, e que iso se reflexe na clasificación do equipo”. “Vin guiado pola plantilla que hai, coñezo a parte dos xogadores e sei o equipo que hai. Veño para pelexar por un obxectivo bonito”. Sobre o seu rol dentro do campo definiuse como dianteiro, se ben “tamén sei xogar de extremo esquerdo, extremo dereito ou segundo punta. Non teño problema por xogar en calquera desas demarcacións”.

Pola súa banda, Anxo chega ao Arosa “coa intención de desfrutar do fútbol. O Arosa é un equipo que ten as cousas claras, ten un bo grupo e sabe desde o principio cal é o obxectivo”.

Os tres xogadores que promocionan ao primeiro equipo coincidiron en que queren “aprender e aproveitar as oportunidades”, “intentar xogar o máis posible, axudar a conseguir os obxectivos que ten marcados o equipo e desfrutar”.

O amigable contra o Deportivo, este venres ás 19:30

Arosa SC e RC Deportivo xogarán un partido amigable este venres 14 ás 19:30 horas no Estadio Municipal A Lomba, no que será o segundo encontro de pretemporada para o equipo dirixido por Pepe Mel e a presentación do Arosa 2017-2018 ante a súa afección.

O prezo da entrada é de 10 euros, mentres os socios arlequinados pagarán só 5 euros.

Javi Pazos e Iago Beceiro incorpóranse ao primeiro equipo

O Arosa SC incorpora ao plantel do seu primeiro equipo os dianteiros Iago Beceiro e Javi Pazos.

O dianteiro coruñés, formado na base do Deportivo, xogou o ano pasado na CDA Navalcarnero e no CD Barco cedido pola SD Ponferradina. Anteriormente xogou entre outros no Atlético Astorga, UD Somozas e Caudal Deportivo.

Pola súa banda, Javi Pazos volve á Lomba despois de pasar dúas campañas no Villalonga FC, onde foi clave para lograr o ascenso a Terceira e onde o ano pasado foi un dos máximos goleadores do grupo galego con 18 tantos.

Campaña de socios 2017-2018

Xa está en marcha a campaña de socios para a temporada 2017-2018, coa que o club quere seguir crecendo paso a paso e para iso se marca un obxectivo ambicioso: acadar os 2.500 socios.

Quen queira renovar o seu carné ou sacalo por primeira vez, pode facelo desde xa mesmo nas oficinas do Arosa SC (avda.Matosinhos s/n) en horario de 10:00-12:00 e de 17:00-19:00.

Entre todos faremos un Arosa máis grande!!!